Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Touro invita a nenos e nenas a pintar ‘As pitas baixo a choiva’ en homenaxe a Carvalho Calero no Día das Letras Galegas 2020


 

O Concello de Touro convoca a nenos e nenas a debuxar e pintar ‘As pitas baixo a choiva’ en homenaxa a Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras Galegas 2020 que se celebra o próximo domingo, día 17 de maio de 2020. Todos os rapaces e rapazas que o desexen poden enviar o seu dibuxo de ‘As pitas baixo a choiva’ antes do próximo día 18 de maio ao email correo@concellodetouro.gal. Posteriormente o debuxo será compartido no Facebook do Concello de Touro. Todos os participantes terán un agasallo. Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero e a situación de pandemia a causa dos efectos da COVID19 sobre a poboación impide actos presenciais aos que poidan acudir nenos e nenas. O Concello convoca esta actividade online que xira arredor da obra de Ricardo Carvalho Calero ‘As pitas baixo a choiva’ un relato publicado no ano 1952 no que narra un feito anecdótico da súa infancia. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estánse a mollar e el téntaas facer entrar ao galiñeiro. Elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.